SOUTO
DA RETORTA:
Cando se fala do forestal e máis en concreto
do eucalipto, antes ou despois acaba saíndo na conversa Chavín e os seus enormes exemplares
desta especicie. Pero unha vez alí, aínda que xa estivéramos anteriormente,
sempre nos sorprende, polo que calquer momento pode ser bon para acercarse por
primeira vez ou voltar. Compre lembrar que cerca de este entorno tamén se
celebra a Romaría do Naseiro coñecida mundialmente por mozos e non tan
mozos.
Para chegar ata alí podemos ir pola autovía en dirección Vilalba e
sairnos antes cara a Viveiro e seis
kilómetros de Viveiro hai que desviarse pola
estrada haciaMondoñedo (LU-540) e logo a
Chavín (LU-161).
A ruta parte de Chavín (Fábrica de Hidrofersa). A uns 200 metros achamos os
primeiros eucaliptos considerables, ao que se ve habitualmente. Seguindo o
sendeiro, ao chegar ao cruce de camiños tomamos o da dereita que conduce
directamente aos eucaliptos máis grandes, entre os que se atopa O
Avó que acada 67 metros de altura e 10,5 metros de
diámetro. Pero non somentes hai eucaliptos, dado que estamos na beira do río
Landro, na zona conviven outras especies: freixos, ameneiros, bidueiros,
carballos, castiñeiros etc.
Retomando o sendeiro hacia a antigua central
hidroeléctrica, a uns 800
metros atopamos a fermosa Pena da Vella, rocha de
grandes dimensións suxeita por un ferro curvada. A uns 500 ou 600 m está a saída da presa,
onde a auga forma un salto espectacular coñecido como o Salto do Can.
Con esto remata a ruta e podemos voltar
á estrada. Dado que estamos moi perto de Viveiro podemos rematar dando un paseo
polas suas hermosas e centenarias rúas.
Para comer recomendamos un lugar non
menos coñecido e que tampouco está moi lonxe, sería a mítica Casa
Cándida en Viveiró (Muras). A Relación Calidade/Precio é inmellorable, pero
sorprende sobor de todo pola cantidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario