xoves, 1 de agosto de 2013

Unha Cooperativa ¿para qué?


 A excesiva fragmentación da propiedade forestal en Galicia, trae consigo e existencia de moitas parcelas e moitos propietarios. Este escenario plantea problemas seculares de lindes,  servidumes, camiños, marcos, etc., que nos últimos tempos se ven incrementados pola nova maquinaria forestal que se emprega actualmente, de grandes dimensións.

Esto redunda nunha merma nas rentas do propietario forestal, xa que dun xeito ou doutro os traballos van sair máis caros polas condicións das fincas.

Entendemos que a solución pasa pola UNION e a profesionalidade nos propietarios forestais.  A unión leva anos fomentándose por medio de asociación de propietarios e posteriormente por una federación de asociacións, que poñían en contacto ao comprador co propietario baixo un Acordo Marco e velaban polo comprimento do contrato. Durante anos deu bos resultados,  pero sempre coa limitación de non poder comprar nen vender madeira directamente, co cal nun mercado global non é suficiente

Para paliar este problema, e dar o paso á PROFESIONALIDADE xurde Promagal Sociedade Cooperativa Galega (SCG), . A Cooperativa xurde como a ferramenta que permitirá comercializar:  comprar madeira e véndela a calquer empresa tanto do mercado nacional como internacional, facer traballos forestais, vender planta, abonos, etc. Sen máis límites que os que marquen os estatutos e a ilusión dos socios.

Para máis información pode consultar os estatutos da entidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario