mércores, 25 de setembro de 2013

Adxuntamos pequeno resume ante as dúbidas suscitadas:


Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.

Artigo 2. Liñas de axuda

1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I: primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo 1. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo 2 ás superficies que, conforme coas letras c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.

ANEXO I
Coníferas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos

A1
Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m snm)
Pinus pinaster
A2
Piñeiro silvestre
Pinus sylvestris L.
A3
Piñeiro insigne
Pinus radiata D. Don.
A4
Pseudotsuga
Pseudotsuga menziesii.

ANEXO II
Frondosas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

B1
Ameneiro
Alnus glutinosa (L.) Gaertn. (*)
B2
Bidueiro
Betula SP. (*)
B3
Chopo mouro
Populus nigra. (*)
B6
Freixo
Fraxinus excelsior L. (*)
Fraxinus angustifolia Vahl. (*)
B7
Castiñeiro
Castanea sativa Mill.
B8
Castiñeiro híbrido
Castanea X hybrida (resistente tinta)
(Clon aprobado por orde da Consellería do Medio Rural)
B9
Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira
Prunus avium L. (*)
B10
Carballo
Quercus robur L. (*)
B15
Nogueira americana e híbridos de produción madeireira
Juglans nigra (*)
B20
Carballo americano
Quercus rubra (*)
B21
Pradairo
Acer pseudoplantanus (*)
B----
Castiñeiro enxertado
Castanea spp

 

Artigo 9. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas da liña I e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

a) Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada menor o igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 10 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

c) Para Sofor, cooperativas agrícolas, pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 12,5 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

d) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 5 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Superficie máxima:

a) Para montes veciñais en man común, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para Sofor, cooperativas agrícolas, pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima definida. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

c) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, liñas eléctricas, pistas, estradas, devasas ...

b) Liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico (anexo VIII) de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:  OS SOMBREADOS EN VERDE

 

Artigo 10. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas da liña II e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

Para todo tipo de solicitante, a superficie de actuación mínima por solicitude para plantación de castiñeiro para froito será de 3,75 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Superficie máxima:

a) Para montes veciñais en man común, Sofor, cooperativas agrícolas, por indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídos, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 15 hectáreas, e admitirase máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 10 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, liñas eléctricas, pistas, estradas, devasas..


Ningún comentario:

Publicar un comentario