----
Jornadas “Aquí estamos, montes de Ibias”
http://www.deaceboyjara.com/2013/11/29/jornadas-aqui-estamos-montes-de-ibias/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=jornadas-aqui-estamos-montes-de-ibias
-----
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, demandou o pasado
mes de outubro, a implicación das industrias na aposta que o
Goberno galego está a facer polas enerxías que proceden de
fontes naturais inesgotables, unha aposta que se vai ver
reforzada “de xeito inmediato”, xa que os Orzamentos para o
vindeiro ano inclúen unha rebaixa no Imposto de Transmisións
Patrimoniais para todos os proxectos de enerxía renovable que se
poñan en marcha, mediante unha bonificación do 92% sobre a cota
(desde o 4% ata o 0,3%).
Durante o acto de conmemoración do 50 aniversario da central hidráulica de Belesar, o mandatario galego destacou que Galicia é potencia europea en tres recursos naturais, auga, vento e biomasa: en 2011, o 53% da enerxía eléctrica producida en Galicia procedeu de fontes renovables e a Xunta traballa co obxectivo de lograr que en 2015-2020 se chegue ata o 95%. De aí o fomento deste tipo de enerxías por parte do Executivo autonómico, un impulso que, segundo sinalou Feijóo, “se verá intensificado” no caso da enerxía eólica e da biomasa.
Así, no que respecta á primeira, o titular da Xunta adiantou que se vai actualizar o Plan sectorial eólico de Galicia, de cara a optimizar as posibilidades de aproveitamento e ofrecer unha blindaxe xurídica definitiva a calquera desenvolvemento eólico futuro; que se duplicará a bonificación fiscal existente no canon eólico a aqueles promotores que aposten pola innovación e a redución do impacto ambiental; ou que se modificará o Decreto de repotenciación para axilizar ao máximo a tramitación administrativa destes investimentos e tamén os prazos de execución dos parques eólicos.
No caso da biomasa, Feijóo explicou que o vindeiro ano desenvolverase, por vez primeira, un Plan de Acción Integral da Biomasa en Galicia, para dotar de absoluta preferencia esta actividade económica; que se incentivará o uso práctico deste combustible, sendo prioritarios á hora de captar subvencións os proxectos de innovación relacionados con este tipo de enerxía; e que se aprobará unha orde de axudas de 10 millóns de euros para a implantación de equipos de biomasa térmica. A meta, afirmou, é que o vindeiro ano se poñan en marcha máis de 1.000 instalacións de caldeiras deste tipo e que cada ano se valoricen 18.000 toneladas de biomasa. “E comezaremos por dar exemplo –insistiu-, avanzando que a Xunta seguirá coa renovación das súas instalacións co obxectivo de acadar un maior consumo de biomasa nos seus edificios administrativos e hospitalarios”.
Fonte: Nota de prensa Xunta de Galicia.
------Durante o acto de conmemoración do 50 aniversario da central hidráulica de Belesar, o mandatario galego destacou que Galicia é potencia europea en tres recursos naturais, auga, vento e biomasa: en 2011, o 53% da enerxía eléctrica producida en Galicia procedeu de fontes renovables e a Xunta traballa co obxectivo de lograr que en 2015-2020 se chegue ata o 95%. De aí o fomento deste tipo de enerxías por parte do Executivo autonómico, un impulso que, segundo sinalou Feijóo, “se verá intensificado” no caso da enerxía eólica e da biomasa.
Así, no que respecta á primeira, o titular da Xunta adiantou que se vai actualizar o Plan sectorial eólico de Galicia, de cara a optimizar as posibilidades de aproveitamento e ofrecer unha blindaxe xurídica definitiva a calquera desenvolvemento eólico futuro; que se duplicará a bonificación fiscal existente no canon eólico a aqueles promotores que aposten pola innovación e a redución do impacto ambiental; ou que se modificará o Decreto de repotenciación para axilizar ao máximo a tramitación administrativa destes investimentos e tamén os prazos de execución dos parques eólicos.
No caso da biomasa, Feijóo explicou que o vindeiro ano desenvolverase, por vez primeira, un Plan de Acción Integral da Biomasa en Galicia, para dotar de absoluta preferencia esta actividade económica; que se incentivará o uso práctico deste combustible, sendo prioritarios á hora de captar subvencións os proxectos de innovación relacionados con este tipo de enerxía; e que se aprobará unha orde de axudas de 10 millóns de euros para a implantación de equipos de biomasa térmica. A meta, afirmou, é que o vindeiro ano se poñan en marcha máis de 1.000 instalacións de caldeiras deste tipo e que cada ano se valoricen 18.000 toneladas de biomasa. “E comezaremos por dar exemplo –insistiu-, avanzando que a Xunta seguirá coa renovación das súas instalacións co obxectivo de acadar un maior consumo de biomasa nos seus edificios administrativos e hospitalarios”.
Fonte: Nota de prensa Xunta de Galicia.
Datas: | 5 de decembro de 2013 |
5 de decembro de 2013
|
Evento: | Necesidades enerxéticas locais e recursos do monte. A biomasa forestal na política enerxética local | |
Organizan: | Proxecto Silvaplus | |
Lugar: | Hotel Flôr de Sal en Viana do Castelo | |
Máis información: | 981 564 011 e asforgal@iies.es | |
www.silvaplus.com |
-----
La rentabilización de las superficies forestales, a debate en unas jornadas
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/rentabilizacion-superficies-forestales-debate-jornadas/20131201030013066948.html
----
Arregui se frota las manos
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/12/01/arregui-frota-manos/0003_201312P1C16994.htm
----
Propietarios de fincas forestales se unen en Mieres para aprovechar la biomasa
http://www.lne.es/caudal/2013/12/01/propietarios-fincas-forestales-unen-mieres/1508321.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario